🏖️ Pisos en Barreiros
Edificio Esmeralda Barreiros · 16 vivendas e áticos en pleno centro
Promoción en venda (poucas unidades dispoñibles)
Edificio Esmeralda · Promoción San Cosme de Barreiros
O Edificio Esmeralda Barreiros é unha Promoción Inmobiliaria de 16 vivendas de obra nova executadas con altos estándares de calidade, gran luminosidade, e o mellor aproveitamento para facilitar a mellor experiencia de vivenda diaria.
A promoción sitúase en pleno centro do pobo, con acceso directo dende a estrada principal, o que garante unha comunicación cómoda e rápida. A súa localización é estratéxica e altamente funcional, ao atoparse xunto ao supermercado, o centro de saúde, o colexio, o Concello, así como unha ampla oferta de establecementos de hostalaría, servizos bancarios e comercios de proximidade, permitindo cubrir todas as necesidades do día a día a escasos minutos a pé, sen necesidade de vehículo.
As vivendas entréganse con cociñas totalmente equipadas, chans de tarima, ventás de PVC, baños con porcelánico de gran formato, etc... contando ademais todas elas con praza de garaxe e trasteiro incluídos no prezo.
Esta promoción permite gozar da túa vivenda cando queiras e rendibilizala cando non a uses: os estatutos autorizan expresamente o uso turístico e cada apartamento entrégase coa súa licenza turística individual xa concedida, completamente chave en man, reducindo a incerteza xurídica e facilitando a financiación.
Últimas oportunidades de personalización nesta obra de avanzado progreso: previo compromiso contractual, permítese un alto nivel de personalización en cociñas e tarimas, a medida cos nosos profesionais, ou con aqueles da súa elección.
Datos da promoción
O Edificio "Esmeralda Barreiros"
Selecciona unha vivenda para ver máis detalles
2 Dormitorios | 2 Baños
Orientación ao Mar: Norte
2 Dormitorios | 2 Baños
Orientación á Montaña: Sur
2 Dormitorios | 2 Baños
Orientación á Montaña: Sur
2 Dormitorios | 2 Baños
Orientación ao Mar: Norte
1 Dormitorio | 1 Baño
Orientación á Montaña: Sur
1 Dormitorio | 1 Baño
Orientación á Montaña: Sur
2 Dormitorios | 2 Baños
Orientación á Montaña: Sur
2 Dormitorios | 2 Baños
Orientación ao Mar: Norte
1 Dormitorio | 1 Baño
Orientación á Montaña: Sur
1 Dormitorio | 1 Baño
Orientación á Montaña: Sur
2 Dormitorios | 2 Baños
Orientación á Montaña: Sur
2 Dormitorios | 2 Baños
Orientación ao Mar: Norte
1 Dormitorio | 1 Baño
Orientación á Montaña: Sur
1 Dormitorio | 1 Baño
Orientación á Montaña: Sur
2 Dormitorios | 2 Baños
Orientación á Montaña: Sur
Localización e Conexións
O Edificio Esmeralda Barreiros é unha promoción de nova construción situada en pleno centro de San Cosme de Barreiros, con cómodo acceso dende a Autoestrada do Cantábrico. O seu contorno combina paisaxe rural e elevacións montañosas, e atópase a tan só 2,8 km do mar, nun concello que conta con máis de 8 km de costa e ata 9 praias diferentes, cheas de actividade e lecer, moi próximas ás emblemáticas Praias das Catedrais.
A pesar da tranquilidade, a zona non está afastada do bullicio, a animación e a oferta gastronómica das poboacións veciñas de Foz e Ribadeo. Ademais, como indicamos atópase xunto ás praias de As Catedrais e moitas outras, como Punta da Anguieira, Praia de Altar, Praia de San Bartolo, Praia de Acantilado-Remior, Praia de Coto, Praia de Fontela - Balea, Praia de Lóngara, Praia de A Pasada e Praia de Arealonga.
🏖️ Lugares turísticos próximos:
- Praia de Altar 2.8 km, 3 minutos
- Praias de Fontela, Balea, Benquerencia 4 km, 4 minutos
- Praia de Remior 4 km, 5 minutos
- Praia de San Bartolo 4.5 km, 6 minutos
- Praias de Arealonga, Reinante, Moledo 6 km, 8 minutos
- Praias de Lóngara e Pasada 6 km, 8 minutos
- Praia das Catedrais 7 km, 9 minutos
- Foz e Praia da Rapadoira 10 km, 12 minutos
- Cofradía de pescadores de Rinlo 12 km, 14 minutos
- Ribadeo, as súas Praias e Illa Pancha 19 km, 16 minutos
- Tapia de Casariego, Asturias 28 km, 25 minutos
❤️ Dende outras poboacións...
- Lugo 105 km (1h) · A8
- A Coruña 140 km (1h 30min) · A6 / A8
- Gijón / Oviedo 150 km (1h 30min) · A8
- León 275 km (3h 10min) · AP66 / A8
- Bilbao 405 km (4h 15min) · A8
- Madrid 545 km (5h 45min) · A6 / A8
- Valença, Braga, Oporto 🇵🇹 230 km, 280 km, 320 km
✈️ Aeroportos próximos:
- Asturias (OVD, Castrillón) 110 km (1 hora e 10 min)
- A Coruña (LCG, Alvedro) 130 km (1 hora e 25 min)
- Santiago de Compostela (SCQ) 150 km (1 hora e 40 min)
🛍️ Multitude de servizos e comercios de proximidade nun radio de menos de 300 metros:
- Bares, cafeterías... 20 m.
- Peiteado 35 m.
- Oficina de Correos 60 m.
- Oficina bancaria 95 m.
- Estanco e Loterías 100 m.
- Supermercado Gadis 110 m.
- Parada de taxi 120 m.
- Concello 120 m.
- Igrexa de San Pedro 140 m.
- Parada de autobús 150 m.
- Centro de saúde 150 m.
- Oficina de Turismo 180 m.
- Farmacia 190 m.
- Electrodomésticos 190 m.
- Biblioteca Pública 200 m.
- Centro sociocultural 200 m.
- Escola Infantil 280 m.
- Colexio Público 300 m.
Licenza turística individual xa concedida
Vivenda permanente, de verán, investimento ou modelo mixto? Ti decides, con permisos en regra
Esta promoción está pensada para quen quere gozar da súa vivenda cando o desexe e, ao mesmo tempo, obter un rendemento cando non a está utilizando. Dende o primeiro momento, os estatutos da comunidade permiten expresamente o uso turístico, para que poidas alugar o teu apartamento con total tranquilidade, sen medos nin conflitos futuros. Ademais, entregámosche a túa vivenda coa licenza turística individual xa tramitada e concedida, completamente chave en man, para que non teñas que ocuparte de xestións, papeleos nin procesos complexos.
Así, o teu apartamento non só é un lugar onde gozar, senón tamén unha forma intelixente de recuperar o teu investimento, con total respaldo legal. Este plantexamento achega tranquilidade, facilita a financiación bancaria e fai que o valor da túa vivenda sexa maior dende o primeiro día.
E se o necesitas, acompañámoste máis alá da compra, ofrecéndoche asesoramento gratuíto e contactos de confianza para todo o necesario: mobiliario, enseres, roupa de cama, limpeza e apoio operativo, para que ti só teñas que decidir cando gozar da túa casa... e cando deixala traballar.
Resumo de calidades
Construción orientada á habitabilidade e funcionalidade + materiais de confianza
🪟 Carpintería Exterior
- Ventás e persianas enrollables de PVC
- Xuntas de estanqueidade ao aire e auga
- Vidro Climalit: dobre lúa pulida
- Vidro de seguridade en balcóns
🚪 Carpintería Interior
- Portas lacadas hidrófugas e inox
- Preparadas para pintar ou barnizar
- Consultar posibilidade de personalización
- Portas de seguridade en accesos
🏠 Pavimentos
- Baños: Gres porcelánico
- Cociñas: Tarima AC6 clase 33
- Dormitorios: Tarima AC6 clase 33
- Salóns: Tarima AC6 clase 33
💎 Revestimentos
- Fachada base de aplacado de granito
- Combinada con enfoscado de morteiro
- Baños alicatados completos
- Pezas de fabricación nacional
🧱 Peches
- Muros exteriores de dobre folla
- Con illamento de poliestireno
- Tabiques vivendas: semimacizo de 12 cm
- Interiores: oco dobre de 8 cm
⚡ Instalacións
- Vídeo Porteiro automático
- Chaves mestras en todo o edificio
- Prazas de Garaxe e Trasteiros
- Garaxe exterior adicional con prazas extra
Oficina de Vendas
Sábado: Mañás de 10:00 a 13:30 · Pechamos Sábado tarde e Domingos